Oleiros presenta 'Ven e Descubre', o programa de excursionismo e sendeirismo para persoas maiores
O pasado xoves pola tarde o Auditorio da Fábrica en Perrillo (Oleiros) acolleu a presentación dunha nova edición do programa 'Ven e Descubre', unha iniciativa que ten como obxectivo organizar actividades de sendeirismo e de excursionismo para persoas maiores de 65 anos residentes no municipio.
As excursións consistirán en itinerarios culturais con visitas guiadas en grupo que se desenvolverán durante os meses de maio, xuño, xullo e setembro a Lugo, Costa da Morte e O Morrazo. En canto ás rutas de sendeirismo ofértanse itinerarios por Arousa, a Vía Kuning, Monte Neme e A Raia (Galicia-Portugal).
Ademais, durante o acto celebrado este xoves aproveitouse para entregaron os premios do VI concurso de fotografía 'María José Cayado' organizado polo Concello, no que puideron participar as persoas que formaron parte do programa do pasado ano. Na categoría de sendeirismo o primeiro premio foi para Teresa Gómez con Mirándonos en el espejo. Na categoría de excursionismo o primeiro premio foi para Lino Rozas por Mosteiro de Oia. Concedéronse tamén dous accésits a Gloria Maseda por La Pinta e a Elia Amieiro por Buscando os fillos.
A inscrición tanto a excursionismo como sendeirismo poderán realizarse telematicamente ou telefonicamente. No caso do teléfono fárase por localidades; dende o venres 22 de marzo, chamando ao teléfono 981 610 000 en horario de 16.00 a 20.00 horas. No caso do sendeirismo o prazo abrirase en abril.