Oleiros organiza unha ruta de sendeirismo polo Día de Rosalía

ACoruñaXa
O percorrido será de 9,5 kilómetros dende Santa María de Teo ata Xirimbao e terá unha dificultade media. Pola tarde visitarase a Casa Museo de Rosalía de Castro
Casa Rosalía_saida sendeirismo
11 Feb 2024

O vindeiro sábado 24 de febreiro, con motivo da conmemoración do Día de Rosalía, o Concello de Oleiros ten prevista unha ruta de sendeirismo de Santa María de Teo ao Xirimbao, de 9’5 kilómetros e dificultade media. A actividade require boa forma física, roupa axeitada e cómoda e calzado específico, por tratarse dunha ruta ao carón do río.

Pola tarde realizarase un roteiro rosaliano guiado e visita á casa Museo de Rosalía de Castro.

A actividade contará con 3 guías especializados/as e ofértanse 40 prazas dirixidas a persoas maiores de idade, cun prezo de 22 euros.

  • As preinscricións realizaranse preferentemente na Sede electrónica a partir do luns 12 de febreiro ás 10.00 horas.
  • No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas.
  • Ocuparanse as prazas por rigorosa orde de solicitude e terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

Para obter máis información é posible dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono 981 636 598 ou do correo electrónico r.caparros@oleiros.org

0.16243600845337