Oleiros organiza un curso sobre o manexo de móbiles para maiores de 65 anos en Santa Cruz, Oleiros e Montrove
A partir do luns, 9 de setembro, abrirase o prazo de inscrición para un curso de manexo de móbiles de 30 horas dirixido a persoas maiores de 65 anos empadroadas no Concello de Oleiros. Este curso forma parte do programa de “Alfabetización Dixital” impulsado pola Concellería de Servizos Sociais e Igualdade.
O obxectivo do curso é ofrecer unha formación práctica e amena sobre o uso dos smartphones, adaptada ás necesidades dos participantes. O obradoiro ensinará aos maiores a aproveitar as vantaxes das novas tecnoloxías, mellorando o seu benestar persoal e a súa relación co entorno, así como a desenvolver habilidades básicas no manexo de dispositivos móbiles.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse desde o 9 ao 13 de setembro chamando ao 981 610 000, de 16.00 a 18.00 horas. Para máis información, tamén se poden poñer en contacto co Servizo de Servizos Sociais e Igualdade.
Programación dos cursos:
Santa Cruz (Centro Cívico) - Nivel Avanzado
Datas e horario: Mércores, xoves e venres de 10.00 a 12.00 horas (setembro e outubro)
Oleiros (Casa Charry) - Nivel Avanzado
Datas e horario: Martes, mércores e xoves de 10.00 a 12.00 horas (outubro)
Montrove (Casa do Pobo) - Nivel Medio
Datas e horario: Martes, mércores e xoves de 10.00 a 12.00 horas (novembro)