Oleiros organiza un curso de monitor de tempo libre
O Concello de Oleiros organiza un curso gratuíto para a obtención do título de monitor de tempo libre na Casa da Mocidade das Pedras. O curso impartírase durante as fins de semanas de marzo a maio e está destinado á rapazada entre 18 e 30 anos.
Esta previsto que a formación se inicie o sábado 2 de marzo e que remate o domingo 12 de maio. As persoas empadroadas en Oleiros terán preferencia á hora de inscribirse.
Os requisitos para acceder ao curso son: estar en posesión do título da ESO ou equivalente e ter entre 18 e 30 anos ao inicio do mesmo. O prazo de inscrición abrírase o luns 12 de febreiro a través da páxina web dos centros da mocidade ou no teléfono 981 977 944. A data límite para anotarse será o día 21 de febreiro ata as 16.00 horas.
O listado coas persoas admitidas publicarase na mesma páxina o día 22 de febreiro ás 18.00 horas. Desde a publicación da mesma , as persoas interesadas Terán un prazo de 24 horas para confirmar a asistencia e praza enviando un correo a pix.aspedras@gmail.com. Pasadas ditas 24 horas, realizarase unha chamada para intentar contactar con esa persoa; se non se establece o contacto, automaticamente pasarase á seguinte persoa da lista.