Oleiros organiza obradoiros de auto coñecemento a través do solo pelviano

ACoruñaXa
Para facilitar a participación, realizaranse 2 obradoiros no Salón de Actos do Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo
Imaxe do cartel do obradoiro de solo pelviano en Oleiros
Imaxe do cartel do obradoiro de solo pelviano en Oleiros
24 mar 2024

O Concello de Oleiros abre este luns o prazo de inscrición para participar nos obradoiros de auto coñecemento a través do solo pelviano, que forman parte do programa municipal 'Coñecerse é vivirse'.

Por medio destes obradoiros, desenvolveranse ferramentas e coñecementos dirixidos a fomentar un estilo de vida positivo e saudable; daranse a coñecer aspectos básicos para o coidado do solo pelviano, así como pautas para previr e tratar as distintas patoloxías ou disfuncións que se poidan dar. Ademais, buscarase dar resposta ás inquietudes das participantes, reflexionando sobre as súas vivencias, e ofrecendo información que sirva como base para a toma de decisións desde a autonomía e o coñecemento.

Para facilitar a participación, realizaranse 2 obradoiros no Salón de Actos do Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo (Rúa Regos 24, Urbanización Os Regos). O primeiro, será o luns 8 e o mércores 10 de abril, en horario de 10.00 a 12.30 horas; e o segundo, será o venres 19 de abril en horario de 16.00 a 18.00 e o sábado 20 de 10.00 a 13.00 horas.

O número de prazas é limitado e, para participar, é necesaria inscrición previa desde o 25 marzo ata o 3 de abril a través da páxina web do Concello, no apartado Participa, na categoría de Actividades Sociais. Todo aquel que desexe obter máis infomación pode chamar ao 981 610 000 – extensión 3503 - ou enviar un correo a igualdade@oleiros.org.

'Coñecerse é vivirse' é un programa no que se desenvolven distintas actividades dirixidas a mulleres, e que ten como finalidade aumentar o auto coñecemento arredor do propio corpo. Nas anteriores edicións do Coñecerse é vivirse, traballouse arredor da menopausa e a sexualidade.

 

Cartaz_solo pelviano