Oleiros organiza o obradoiro 'Crea a túa cunca de almorzo'

ACoruñaXa
A actividade será de balde e impartida pola ceramista Isabel Gómez no Museo os Oleiros os vindeiros días 24 de febreiro, 2 e 9 de marzo
Cartel do obradoiro 'Crea a túa cunca de almorzo'
14 Feb 2024

O Concello de Oleiros organiza un novo obradoiro no Museo os Oleiros no que os asistentes poderán crear a súa propia cunca de almorzo.

A actividade está dirixida a mozas e mozos de entre 15 e 25 anos e nela cada participante creará a súa propia cunca para o almorzo coa técnica do urdido; a decorará cos motivos que máis lle gusten e o último día falarase de todo o proceso ademais de recoller as súas creacións.

Os obxectivos desta actividade son: ofrecer ao público máis novo do concello a posibilidade de experimentar coas técnicas da olería e a cerámica dun xeito práctico. Familiarizar aos participantes coas distintas técnicas do traballo do barro. E dar a coñecer o importante patrimonio conservado na colección do museo entre o público máis novo.

A actividade será dirixida pola ceramista Isabel Gómez e será de balde. Dividirase en 3 xornadas os días 24 de febreiro, 2 e 9 de marzo de 11.00 a 13.30 horas é será imprescindible e obrigatorio asistir os tres días. As inscricións poden realizarse dende o día 14 ata o 22 de febreiro, a través do seguinte formulario. Tamén de xeito presencial no Museo Os Oleiros ou chamando ao teléfono 981 626 692 só para aquelas persoas que non dispoñan de acceso aos medios dixitais.

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18211507797241