Oleiros organiza este sábado 20 de abril unha ruta por Ponteceso
O Concello de Oleiros organiza unha ruta familiar enmarcada no seu programa 'Andares por Galicia, a cultura da natureza' para o próximo sábado 20 de abril.
Neste sentido, o sábado 20 de abril terá lugar unha nova ruta do programa coa realización da ruta de PONTECESO-PRAIA DE BALARÉS E MUSEO DO MELGA.
Esta ocasión trátase dunha ruta familiar, dirixida a familias, na que poderán participar menores que como mínimo cumpran 6 anos no ano da actividade, acompañados/as de pai, a nai ou titor/a legal.
Entre os lugares e puntos de interese que se visitarán durante a ruta de 5,5 km e dificultade baixa sinálanse o río Anllóns e vila de Ponteceso, a casa de Eduardo Pondal (non se visita), observación das aves no Esteiro de Anllóns, o ZEC Costa da Morte (Rede Natura 2000), o Piñeiral de Balarés (área de lecer) ou o miradoiro do Alto das Travesas. Para rematar realizarase unha visita cultural ao MELGA (Museo Etnolúdico de Galicia) ou á olaría de Aparicio (Buño).
Toa persoas interesada en participar na actividade pode inscribirse ata o 20 de abril ou consultar máis información na seguinte páxina web.