Oleiros licitará a concesión do restaurante-hotel Casa do Arxentino
O Concello de Oleiros abrirá proximamente o prazo para a licitación da concesión do restaurante-hotel municipal Casa do Arxentino, situado no centro de Mera. Este emblemático establecemento busca un novo xestor que ofreza un servizo de calidade e revitalice este espazo histórico do municipio.
As persoas interesadas poden obter máis información chamando ao 981 610 000 ou acudindo á Secretaría do Concello. Ademais, todos os detalles referidos á convocatoria estarán dispoñibles nas próximas semanas na Plataforma de Contratación do Estado.
A concesión estará restrinxida exclusivamente a empresas e profesionais do sector da hostalería, garantindo así a experiencia e a calidade na futura xestión do restaurante-hotel. O Concello de Oleiros anima a todos os profesionais interesados a participar nun proxecto que contribuirá ao dinamismo social e económico da localidade.