Oleiros informa de cambios nos asfaltados de Sol e Mar polas adversas condicións climatolóxicas
O Concello de Oleiros informa de que a causa das chuvias os traballos definitivos das obras de Sol y Mar correspondentes ás vías de servizo, glorieta, acceso ao túnel do lado da Coruña, tramo norte da rúa Areal e entronques coas distintas rúas municipais, tiveron que ser pospostos ata a vindeira semana.
Neste sentido e se as condicións climatolóxicas non o impiden, o xoves 23 de maio quedarán finalizados.
O luns 20 realizáranse asobras na rúa Areal norte, entronques con rúa Marisqueira, praza de Agramar e rúa Areal sur. Haberá cortes puntuais, que afectarán aos accesos a garaxes.
Mentres que o martes 21 e mércores 22 serán nas vías de servizo, rotonda. Haberá cortes de tráfico e restricións puntuais para os accesos a garaxes.
Por último, o xoves 23 serán na rúa Garridas e acceso ao túnel do lado da Coruña. O tráfico estará cortado tanto na rúa Garridas como no túnel, desviándose pola rúa Areal e as vías de servizo.