Oleiros inaugura o sábado 6 o novo parque público de Dorneda
O vindeiro sábado 6 de abril o Concello de Oleiros celebrará a inauguración do novo parque público da Dorneda.
O acto será ás 17.30 horas e con el, quedará inaugurado o recinto de de 20.000 metros cadrados en Dorneda. O novo espazp público atópase entre a rúa do Mar e a rúa da Poza, lindeiro co Porto de Santa de Cruz.
Os terreos do parque atópanse nun solo propiedade de Sandra Ortega Mera no que podería ter construído ata 88 vivendas. A filla de Amancio Ortega renunciou a facelo para construír un parque público que foi entregado gratuitamente ao Concello.
Este novo espazo público realza a calidade ambiental da zona e contribúe á política medioambiental do Concello. Na creación deste novo espazo natural participaron activamente colectivos ecoloxistas. As árbores foron plantadas por nenos e nenas dos colexios de Oleiros. Ver menos