Oleiros inaugura o Nadal coa apertura atraccións infantís de Santa Cruz

O Concello de Oleiros está abre este venres e ata o 11 de xaneiro as atraccións infantís na praza Esther Pita, en Santa Cruz, destinadas ao ocio dos máis pequenos do municipio durante o período festivo.
O horario de funcionamento das atraccións variará segundo os días.
Durante o período lectivo, estarán abertas de luns a xoves de 16:45 a 21:30 horas, os venres de 16:00 a 22:45 horas, e os fins de semana e festivos en dous períodos, pola mañá de 11:00 a 14:00 horas e pola tarde de 16:00 a 22:45 horas. No período das vacacións de Nadal, a pista funcionará de forma continua de 11:00 a 22:45 horas todos os días da semana. En datas concretas, como o 24 e 31 de decembro, o horario será de 11:00 a 18:15 horas, mentres que o 25 de decembro e os días 1 e 6 de xaneiro abrirán de 11:00 a 14:00 horas e de 16:45 a 22:45 horas.
Ademais das atraccións, o Concello organizará unha serie de actividades infantís relacionadas coa temática navideña, que incluirán obradoiros creativos e animación con xogos. Estas actividades terán lugar ao longo das semanas de Nadal e Ano Novo, con propostas que van desde a elaboración de carteis de benvida ao Nadal, ata obradoiros para facer figuras como bonecos de neve ou o reno Rodolfo, pasando por momentos de xogos e animación para os máis pequenos.