Oleiros impulsa cambios no transporte municipal
O autobús municipal que agora presta servizo entre diversos puntos do interior do Concello de Oleiros verá reformado o seu percorrido para adaptarse mellor ás necesidades veciñais.
Segundo as primeiras conclusións dun estudo que se está realizando, o bus deixará de achegarse á localidade cullerdense do Burgo e centrará o seu servizo naqueles puntos do municipio de Oleiros que peores frecuencias dispoñen polo deficitario servizo da Xunta de Galicia.
A pretensión é conectar da mellor maneira posible eses lugares con peores frecuencias ou sen servizo coas zonas do concello nas que máis se concentre a demanda de desprazamentos, tanto a nivel de espazos comerciais como de servizos públicos.
O novo itinerario será publicado proximamente e difundido por todas as plataformas informativas municipais, ademais da sinalización nas marquesiñas ou paradas habituais.