Oleiros impulsa a creación de 36 novas vivendas protexidas na urbanización Icaria

ACoruñaXa
O Goberno municipal continúa promovendo políticas de vivenda malia a inacción da Xunta e o Estado
Imaxe recurso de vivendas sociais
29 Dec 2024

O Concello de Oleiros anunciou a construción de 36 novas vivendas de protección destinadas ao alugueiro na nova área urbanística de Icaria, entre Montrove e Perillo. Estas vivendas súmanse ás 150 que se van desenvolver a través de cooperativas de veciños e veciñas, como parte das políticas municipais para garantir o acceso á vivenda.

A iniciativa xorde grazas á planificación urbanística en Icaria, que permitiu reservar solo específico para vivendas protexidas. En total, esta nova área abarca 65.270 metros cadrados, dos cales máis de 28.000 serán de titularidade pública para viais, equipamentos e zonas verdes, situadas maioritariamente onde xa existe arborado.

Ademais, o desenvolvemento contempla a construción de vivendas unifamiliares, pisos –incluíndo os protexidos– e locais comerciais, mantendo unha estética coherente coas fases previas de Icaria. A reforma do cruce de Sol y Mar, que mellorou as conexións peonís co paseo marítimo, reforza a integración desta nova fase no entorno urbano.

O alcalde destacou o compromiso do Goberno local coa vivenda protexida, malia a falta de apoio efectivo por parte da Xunta e o Estado, que teñen as competencias neste ámbito.

0.16237211227417