Oleiros esixe melloras no servizo médico da Casa do Mar de Mera

ACoruñaXa
O alcalde Ángel García Seoane solicitará unha reunión co conselleiro de Sanidade para ampliar as instalacións e mellorar os servizos médicos na zona
Casa do Mar de Mera
25 Nov 2024

O Concello de Oleiros, acompañado das entidades veciñais e sociais, volve expresar a súa preocupación polos déficits no servizo de atención médica da Casa do Mar de Mera, que atende a 4.896 veciños das parroquias de Serantes, Maianca e Dexo. A administración local reitera a necesidade de ampliar e reformar o consultorio existente, que non ofrece espazos adecuados para a atención sanitaria.

O goberno municipal subliña a importancia de aproveitar a planta superior do edificio para habilitar novos espazos e incorporar máis profesionais sanitarios, garantindo un servizo digno para a veciñanza.

O alcalde, Ángel García Seoane, anunciou que, tras este novo reclamo, solicitará unha reunión co conselleiro de Sanidade para trasladarlle a situación e pedir a ampliación das instalacións. O alcalde tamén insistiu na urxencia de contar cun pediatra de forma permanente, en lugar de que este atenda en horarios intermitentes, como ocorre na actualidade.

0.16376090049744