Oleiros denunciará ante o Consorcio das Mariñas os roubos que sofren os puntos limpos da comarca

ACoruñaXa
Nos últimos meses estanse dando numerosos asaltos e roubos de materiais nos puntos limpos da comarca e tamén no de Oleiros xerando diversos danos materiais
Imaxe da casa do Concello de Oleiros
23 Maio 2024

Varios representantes sindicais da empresa adxudicataria dos servizo de limpeza contratado polo Consorcio das Mariñas reuníronse co alcalde de Oleiros para expresarlle a súa preocupación sobre a situación que está sufrindo o persoal que traballa nos puntos limpos da comarca.

Neste sentido, representantes dos traballadores da empresa adxudicataria do contrato de recollida de lixo e enseres voluminosos do Consorcio das Mariñas reuníronse co alcalde, Ángel García Seoane, para denunciar e poñelo en coñecemento da situación preocupante que están a vivir nos puntos limpos da comarca. Nos últimos meses estanse dando numerosos asaltos e roubos de materiais nos puntos limpos da comarca e tamén no de Oleiros, creando, nalgunhas ocasións diversos danos materiais como roturas de portalóns, cámaras de seguridade etc, ademais do evidente perigo para os traballadores e traballadoras destas infraestruturas que se ven totalmente desamparados ao respecto.

“É O Consorcio das Mariñas o que ten que actuar a este respecto. É un asunto moi grave que tratarei na próxima xuntanza do Consorcio xa que o persoal está moi preocupado porque sofren todo tipo de eventualidades, desde os asaltos e roubos, ata cidadáns que lles deixan escombros tirados diante da porta do punto limpo!”, manifestou o alcalde.

Por outra banda, na reunión mantida manifestouse tamén a necesidade de que a cidadanía cumpra e respecte as normas destes puntos limpos no que se refire aos horarios e materiais que se poden depositar nos mesmos.

En Oleiros, o Punto Limpo está situado no Polígono de Iñás, rúa Fonte do ouro s/n (981 795 524) e o seu horario de apertura é de luns a venres de 9.30 a 13.00 horas e de 15.30 a 19.00 horas e os sábados de 9.30 a 13.30 horas. Poden depositarse electrodomésticos, restos de podas, e outros residuos de ámbito doméstico.

A respecto da recollida de enseres voluminosos (mobles, electrodomésticos, colchóns, somieres...), o Consorcio dispón tamén dese servizo. No concello de Oleiros o día disposto ao efecto é o venres, mais é necesario comunicar ao Consorcio que tipo de residuo se depositará e onde ao número de teléfono 981 795 524. O

 

 

0.10579991340637