Oleiros denuncia recortes drásticos nos servizos de pediatría do municipio

ACoruñaXa
Esta situación vai provocar unha sobrecarga do traballo dos profesionais pediátricos do municipio
Imaxe recurso dun pediatra
2 Xul 2024

O Concello de Oleiros denuncia que ata setembro, o xa escaso servizo de pediatría que se presta na Casa do Mar de Mera para a zona norte municipio, vai ser eliminado. Como consecuencia os nenos e nenas de Dexo, Serantes, Maianca e parte de Dorneda serán derivados a Santa Cruz, onde tamén se recortarán á metade as horas de atención, pasando a atender só polas mañás. O mesmo sucederá en Perillo durante o mes de agosto.

Esta situación vai provocar unha sobrecarga do traballo dos excelentes profesionais pediátricos que atenden os nenos e as nenas de Oleiros e un colapso nas citas. O Concello de Oleiros reclama que a Xunta cubra as vacacións dos facultativos e non se recorten servizos.

O déficit de pediatras existente non é novo, xa vén de anos atrás. Xunta e Estado deben adoptar os cambios oportunos para a formación dos pediatras necesarios para o correcto funcionamento do sistema sanitario. A saúde dos nenos e nenas debe ser a prioridade número un da sanidade.

0.18907809257507