Oleiros denuncia novamente os atrasos no transporte público e a falta de frecuencias en horas punta
O servizo de transporte público no Concello de Oleiros continúa a presentar importantes deficiencias. Segundo a denuncia realizada polo Goberno municipal, as modificacións efectuadas o 29 de xullo non foron suficientes para resolver os problemas xerados polos cambios realizados o 22 de xuño. Numerosas persoas usuarias seguen a expresar as súas queixas ao Concello, evidenciando retrasos e autobuses saturados que deixan a xente nas paradas sen poder subir.
Co inicio das obras de ampliación na rúa Alfonso e a chegada do novo curso escolar o 11 de setembro, o Concello considera urxente optimizar o servizo de transporte público para mellorar a mobilidade. Por exemplo, a primeira hora da mañá, cando a demanda de desprazamentos cara a A Coruña é elevada e o tráfico é denso, as localidades de Lorbé, Dexo, Mera e parte de Dorneda, que suman máis de 5.000 habitantes, só contan cun único servizo entre as 7.00 e as 8.30 horas, o que resulta insuficiente.
Diante desta situación, o Concello volveu dirixirse á Xunta por escrito, exixindo un aumento das frecuencias nas horas punta. A proposta inclúe a recuperación de todos os servizos eliminados desde o 22 de xuño e unha redistribución horaria adaptada ás necesidades reais da cidadanía.