Oleiros denuncia a inacción de Costas ante os desprendementos no paseo de Santa Cruz

ACoruñaXa
Os desprendementos afectan á estrutura da pasarela de madeira que salva o desnivel desde o paseo de marítimo de Santa Cruz ata o Parque das Trece Rosas
Imaxe dos deprendementos no paseo de Santa Cruz (Oleiros)
20 Feb 2024

O Concello de Oleiros denuncia que dende hai máis dun mes véñense alertando a Demarcación de Costas dos desprendementos de terra no paseo costeiro que une o porto de Santa Cruz co parque As Trece Rosas. Trátase de grandes desprendementos de terra que afectan á estrutura de madeira do paseo costeiro.

Destacan que o longo do paseo pódense apreciar claramente numerosos e graves desprendementos e ribadas provocadas polos últimos temporais e fortes choivas, que afectan á estrutura da pasarela de madeira que salva o desnivel desde o paseo de marítimo de Santa Cruz ata o Parque das Trece Rosas; xerando así un grave problema de seguridade para a veciñanza que transita pola contorna.

O Concello reclamará novamente ante Costas o permiso necesario para poder acometer a obra para a posta en seguridade da pasarela de madeira: “O último temporal fixo uns danos tremendos na baía de Santa Cruz, no paseo e tamén na senda que vai desde o paseo ata o Parque das Trece Rosas. É unha senda moi transitada, por centos de persoas a diario. Derrubouse unha parte deste paseo e fixemos unhas modificacións, pero seguimos á espera de que Costas nos dea permiso para facer a obra e que non se derrube máis terreo e non teñamos que cortar o acceso”, manifestou o alcalde, Ángel García Seoane.

 

0.18668103218079