Oleiros defenderá os intereses dos seus veciños ante as afeccións da “pegada sonora” do aeroporto

ACoruñaXa
O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible publicou no BOE o Real Decreto que aproba as servidumes aeronáuticas acústicas, o mapa de ruído e o plan de acción del aeroporto de Alvedro que afecta a 53 hectáreas de solo do municipio
Imaxe do Aeroporto de Alvedro na Coruña
23 Abr 2024

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible publicou no BOE o Real Decreto que aproba as servidumes aeronáuticas acústicas, o mapa de ruído e o plan de acción del aeroporto de Alvedro que afecta a 53 hectáreas de solo do Concello de Oleiros. A afección abrangue a varias zonas de Montrove e o Seixal.

Ante esta situación, o Concello de Oleiros contratará os servizos técnicos-xurídicos necesarios para analizar o acordo e aprobación do Ministerio e defender os intereses veciñais ante unha nova normativa que supón máis restricións urbanísticas nos solos afectados. O Concello e centos de persoas propietarias xa presentaran alegacións contra a ampliación da denominada “huella sonora” no seu momento, que non foron atendidas nin contestadas polo Ministerio.

“Novamente o Ministerio de Transportes vén de aprobar unha ‘huella sonora’ que afecta gravemente a moitas propiedades que circundan o núcleo de Montrove, parte do Seixal e o Castro. É a terceira vez que o Ministerio nos toma o pelo coas modificacións que quere efectuar da huella, gravando así a centos de propiedades dos veciños e veciñas de Oleiros” apuntou o alcalde.

0.19812607765198