Oleiros contratará 39 profesionais para o servizo de salvamento e socorrismo das praias

ACoruñaXa
O prazo de presentación de solicitudes para aspirar ás prazas de salvamento e socorrismo vai desde o martes 26 de marzo ata o 10 de abril
Imaxe recurso de salvamento marítimo
28 Mar 2024

O Concello de Oleiros contratará 39 novos traballadores e traballadoras para o servizo de salvamento e socorrismo de cara a tempada de verán.

A través do proceso de contratación, cubriranse 27 prazas de socorristas, 4 de patróns/as de embarcacións, 6 de persoal sanitario, unha de supervisor/a e unha de xefe/a de equipo.

Ademais, o Concello tamén convocou unha praza de arquitecto/a técnico/a de funcionario/a interino/a.

En ambos casos, o prazo de presentación de solicitudes para aspirar a estas prazas de salvamento e socorrismo vai desde o martes 26 de marzo ata o 10 de abril, ambos incluídos. É posible atopar as bases das convocatorias e toda a información na área de recursos humanos da web municipal do Concello de Oleiros.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17547202110291