Oleiros contrata o mantemento das zonas verdes para os próximos catros anos
ACoruñaXa
O contrato abarca 800.000 m² de 72 parques, xardíns e outros espazos
16 Xul 2024
O Concello de Oleiros resolveu o concurso público do contrato para o mantemento de zonas verdes no municipio.
Deste xeito, o investimento será de 5,3 millóns de euros por un período total de 4 anos.
O contrato abarca 800.000 m² de 72 parques, xardíns e outros espazos. Tamén se inclúen o gran número de árbores nas vías de titularidade municipal que están fóra das zonas verdes.