Oleiros chama aos seus veciños a mercar no comercio proximidade

ACoruñaXa
Publícase unha guía coas empresas localizadas no municipio co obxectivo de poñer en valor a economía local
Portada Guía Atópao en Oleiros
Portada Guía Atópao en Oleiros
17 Feb 2024

O Concello de Oleiros ven de publicar a guía 'Atópao en Oleiros' de 250 páxinas que repartirá por todos os domicilios con información actualizada sobre as empresas e servizos que se ubican no concello.

Poñer en valor a economía local está detrás desta iniciativa, que tamén inclúe teléfonos e direccións dos servizos públicos do municipio. A morea de datos empresariais están agrupados en 36 epígrafes que se corresponden con cada unha das áreas de actividade económica que se desenvolven no municipio, e que tamén se poden consultar na web, onde se irán actualizando os datos periodicamente.

“A actividade empresarial xera empregos e beneficios aquí”, di o alcalde, Ángel García Seoane, na introdución da guía. “As empresas pagan impostos municipais que repercuten na veciñanza en forma de parques, vías públicas, actividade cultural ou deportiva, por citar só unhas pingas do mundo de actividades que ofrecemos cada ano”.

A web tamén dispón dun sistema no que se poden achegar datos das empresas que, por algunha eiva involuntaria, poidan non figurar na relación ou presenten algún erro significativo.

0.18670010566711