Oleiros acolle a presentación dun libro sobre a matemática de orixe oleirense Maria Wonenburger

ACoruñaXa
Nas páxinas do libro nárrase a biografía da matemática María Wonenburger, unha muller nacida en Oleiros que desde nena quería estudar matemáticas, para o cal tivo que superar moitos obstáculos
Imaxe do teatro As Torres en Oleiros
Imaxe do teatro As Torres en Oleiros
4 may 2024

O xoves 9 de maio ás 19.00 horas presentarase no Teatro As Torres a obra de Mª José Souto Salorio e Ana Dorotea Tarrío Tobar dedicada á figura da matemática española María Wonenburger: 'María Wonenburger, la atrevida matemática a la que nuestro país dio dos veces la espalda'.

Nas páxinas do libro nárrase a biografía da matemática María Wonenburger, unha muller nacida en Oleiros que desde nena quería estudar matemáticas, para o cal tivo que superar moitos obstáculos. Realizou unha brillante carreira no estranxeiro que a converteu nun referente internacional da álxebra. Veu truncadas as súas investigacións ao ter que volver á casa, cando aínda tiña moito que aportar. Os recoñecementos, como tantas veces, chegaron moi tarde.

A presentación estará dirixida por María José Souto Salorio, catedrática de Escola Universitaria da área de Álxebra na Universidade da Coruña e Ana Dorotea Tarrío Tobar, catedrática de Escola Universitaria da área de Matemática Aplicada na Universidade da Coruña.

Souto realiza a súa investigación nese ámbito do coñecemento. Ademais realiza actividades de divulgación científica a través de obradoiros, conferencias ou publicacións. Mentres que Tarrío Tobar aplicada realiza a súa investigación no campo da xeometría diferencial. Ademais realiza actividades de divulgación científica a través de obradoiros, conferencias ou publicacións.

As bibliotecas municipais de Oleiros invitan a todas as persoas que desexen asistir á presentación do libro, ata completar o aforo. Ademais, a entrada será gratuíto.