Oito locais hostaleiros loitarán polo título da mellor tapa da Coruña no Concurso Picadillo

A XX edición do Concurso de Tapas Picadillo, organizada polo Concello da Coruña en colaboración con Estrella Galicia, Cash Record e a Asociación de Celíacos de Galicia, xa ten os seus finalistas. O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais de hostalaría da cidade, dun total de 44 participantes. Entre as 52 tapas presentadas, foron elixidas 10 propostas finalistas, distribuídas en dúas categorías: ‘Tapa Creativa’ e ‘Receitario Picadillo’.
Na categoría ‘Tapa Creativa’, as finalistas son:
- MALTE Atochas: “Falso risotto de chacina, berberecho e crema de foie-gras”.
- Taberna Triay: “Triay Wonka”.
- Restaurante Intenso: “Ovos recheos Galicia-Japón”.
- AMA Italiana Contemporánea: “Ravioli recheo de ceboleiro e dátil”.
- Restaurante La Conquista: “Falso xeado de cebiche”.
Na modalidade ‘Receitario Picadillo’, destacan:
- La Sifonería Gastrobar: “Polo en pepitoria”.
- MALTE Atochas: “Chapata de orella de porco con chutney de tomate picante”.
- Taberna Triay: “Buñuelo ‘a la vista’”.
- MALTE Galera: “Korokke galego”.
- Bar Quintela: “Orella crunchi”.
Destaca a presenza de MALTE Atochas e Taberna Triay, que conseguiron dobre final en ambas as modalidades.
Os gañadores das mellores tapas da cidade daranse a coñecer o vindeiro 13 de decembro nun acto de entrega de premios.
Este concurso, o máis antigo de Galicia, celebra este ano a súa vinte edición, coincidindo co 150 aniversario do nacemento de Manuel María Puga y Parga, coñecido como 'Picadillo'. O Concello da Coruña, liderado por Inés Rey, apoia esta iniciativa para reforzar a posición da cidade como un referente gastronómico.