O xoves comeza o Mercado Templario no Paseo Marítimo do Burgo en Culleredo

ACoruñaXa
O Paseo Marítimo do Burgo enchese de animación, música, gastronomía e artesanía ata o domingo 7 de xullo
Imaxe do Mercado Templario do Burgo
3 Xul 2024

O Mercado Templario de Burgo de Faro é fiel á súa cita anual e desenvolverase este ano desde este xoves 4 ata o domingo 7 de xullo. O Concello de Culleredo promove a cita, xa consolidada como elemento dinamizador do municipio ao atraer por centos de persoas.

Situarase, como é habitual, no paseo marítimo do Burgo, na contorna da ponte. O espazo recibirá a personaxes e contará con actividades da idade medieval, en conmemoración da época histórica na que a localidade foi referente.

A apertura será o xoves ás 17:00 horas, e ás 20:30 horas producirase a inauguración oficial. Cada xornada haberá numerosos espectáculos, segundo a programación que dispón a organización: pasacalles, espectáculos de lume, trapecistas, batucadas, humor, e personaxes como zancudos, seres mitológicos, ou bufóns, entre outras moitas propostas.

Os postos serán variados, desde artesanía ata gastronomía. Para os pequenos e pequenas haberá todos os días un espazo aberto de xogos infantís, talleres e atraccións ecolóxicas. E a música será un son habitual no Mercado.

De venres a domingo o horario de apertura será desde as 11.00 horas ata a noite.

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, destaca que o Mercado Templario supón un “aliciente” para desenvolvemento económico do municipio pola dinamización que logra ano tras ano.


0.17458915710449