O voluntariado de Cruz Vermella Betanzos presenta a Memoria 2023 da Asemblea comarcal
Cruz Vermella de Betanzos presentou este venres pola tarde os resultados da súa actvidade durante a 2023. As accións desenvolvidas pola Asemblea comarcal de Cruz Vermella en Betanzos en materia de inclusión social, emprego, saúde, educación, socorros e medio ambiente, sempre co obxectivo de estar cada vez máis preto das persoas, centraron a presentación da Memoria 2023 durante un acto no que o voluntariado foi o protagonista principal.
Só en 2023, as 91 persoas voluntarias coas que conta a Organización humanitaria na comarca betanceira fixeron posible, xunto ao traballo do persoal técnico e á confianza depositada polas 984 persoas e entidades socias da zona, que Cruz Vermella atendese a un total de 1.041 persoas.
Sobre estas cifras centrouse o acto que tivo lugar no edificio Liceo de Betanzos nun exercicio de transparencia e, non podería ser doutro xeito, de homenaxe a quen ano tras ano contribúen ao labor de Cruz Vermella. “Grazas ao voluntariado e ao persoal técnico que están non día a día dá actividade, pero tamén grazas infinitas a quen contribúe a facer realidade eses proxectos a través dás súas aportacións económicas. Porque sen todos e todas vós, atender a máis de mil persoas na comarca non tería sido posible”, subliñou o presidente provincial, Manuel Viqueira, durante a súa intervención.