O voceiro do PP na Coruña, Miguel Lourenzo sinala que as decisións sobre a folga de lixo chegan "tarde, mal e a rastro"

ACoruñaXa
O portavoz popular critica que a alcaldesa tardara en reaccionar e que a cidade padeza danos graves e custosos, co incremento de colectores queimados e un gasto elevado para o Concello
Imaxe de Miguel Lorenzo visitndo un conteñedor de lixo queimado
Imaxe de Miguel Lorenzo visitando un conteñedor de lixo queimado
5 Ago 2024

O portavoz do Partido Popular (PP) en A Coruña, Miguel Lorenzo, criticou duramente a alcaldesa Inés Rey pola súa xestión durante a actual folga de recollida de lixo. Lorenzo afirmou que "as sete semanas de folga están deixando a cidade en situación límite, con máis de 150 colectores queimados e un custo superior a 400.000 euros para as arcas municipais".

Neste sentido, o popular sinalou que "as decisións de Inés Rey en relación coa folga de lixo chegan tarde, mal e a rastras".  Lembrou que "a empresa de recollida está prestando o servizo sen contrato, xa que o adjudicado por Inés Rey por importe de 100 millóns de euros foi declarado nulo polo TSXG, sen que a alcaldesa pedira ningunha responsabilidade política por iso. Non se pode esixir o cumprimento dun contrato que non existe".

Ademais, Lorenzo destacou que "a folga empezou o 24 de xuño e desde o 1 de agosto é indefinida. Inés Rey alegou estar atada de pés e mans, sen poder facer nada, a pesar de que en reiteradas ocasións o Partido Popular lle pediu que actuara. Un mes despois reaccionou declarando a emerxencia sanitaria".

O portavoz popular tamén subliñou que "os barrios son os máis afectados, cunha recollida de lixo mínima. Despois de falar e escoitar aos veciños e comerciantes, solicitamos máis efectivos para garantir un servizo eficiente. Sen embargo, Inés Rey esperou tres días máis para rectificar e anunciou que ía ampliar o número de efectivos. Chega tarde de novo".

Xunto a isto, Miguel Lorenzo lembrou que "levamos 10 meses sen contrato de recollida de lixo. Hai que pedir responsabilidades porque o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulou o contrato adjudicado polo goberno socialista por case 100 millóns de euros. Non se pode esixir o cumprimento dun contrato que non existe".

O portavoz tamén cuestionou se "a situación que xerou a folga actual é suficiente para reducir o imposto de lixo, ou se o goberno vai esperar máis". Enfatizou a necesidade de "máis presenza da policía local para vixiar as rúas e terminar con estes actos vandálicos que poñen en perigo tanto os bens materiais como os cidadáns".

Finalmente, Lorenzo concluíu que "fai un mes Inés Rey dixo que estaba atada de pés e mans, que non podía facer nada. O tempo déixanos a razón. Desde o Partido Popular dixemos desde o primeiro momento que íamos apoiar calquera medida que tomara para solucionar a situación, pero que tiña que tomar algunha". E rematou afirmando que "Inés Rey debe exercer de alcaldesa de unha vez e dicirlles aos coruñeses cando van estar limpas as rúas e cando se vai licitar o novo contrato de recollida de lixo".

0.1976490020752