O VII Ciclo Metropolitano pola Igualdade nas Artes e a Música ‘Elas son artistas’ chegará a Culleredo

ACoruñaXa
A actriz Isabel Risco presentará 'Nabiza Girl' no mes de setembro no municipio coruñés
Imaxe da presentación do ciclo 'Elas son artistas'
Imaxe da presentación do ciclo 'Elas son artistas'
4 abr 2024

O Concello de Culleredo participará na VII Edición do Ciclo Metropolitano pola Igualdade nas Artes e a Música ‘Elas son artistas’ da man de Isabel Risco, que presentará 'Nabiza Girl' o 27 de setembro no Auditorio do Edificio de Servizos Múltiples.

A concelleira de Cultura, Penélope López, acudiu esta mañá á presentación do cartel no Teatro Colón, na Coruña, onde tamén se deron cita representantes das Administracións que participan nesta sétima edición, como é o caso da Coruña, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada.

“É unha programación que sempre xera moita expectación en Culleredo, que enche sempre en Servizos Múltiples e non nos expomos non participar en ‘Elas son artistas’, unha iniciativa a nivel cidade e comarca que está máis que consolidada”,afirmou a edila de Cultura da Administración cullerdense.