O venres chega a Perillo (Oleiros) a comedia 'Ói_Ké_Kóna!' de Axóuxere Teatro

ACoruñaXa
Unha comedia onde se mesturan sketches e cancións en directo que invitan á reflexión
Imaxe do Centro Cultural A Fábrica de Oleiros
Imaxe do Centro Cultural A Fábrica de Oleiros
21 Maio 2024

O Concello de Oleiros acolle este venres 24 de maio no auditorio da Fábrica en Perillo; o espectáculo 'Ói_Ké_Kóna!' de Axóuxere Teatro.

O espectáculo comezará ás 21.00 horas. 'Ói_Ké_Kóna!' É unha obra teatral que nace da necesidade de seguir existindo como compañía. Unha comedia onde se mesturan sketches e cancións en directo que invitan á reflexión. A súa duración é de 60 minutos e está dirixido a público maior de 14 anos.

Entrada de balde con invitación. Máximo 5 invitacións por persoa, a recoller a partir das 20.00 horas no propio espazo. A dirección recae sobre Alejandro Albaiceta, mentres que a dirección musical e a composición está a cargo de Kike Vales. Os interpretes son Sara Pascale, Kike Vales e Alejandro Albaiceta. O equipo técnico está dirrixido por Javi Brandido e a producción executiva por Paula Suárez e Nanda Tasende.

 

CARTEL AXÓUXERE
0.17746186256409