O venres chega a Culleredo a comedia circular 'As Damas de Ferrol'

ACoruñaXa
A obra de teatro pertence ao catálogo da Rede Cultural da Deputación da Coruña
Imaxe da obra teatral 'As damas de Ferrol'
Imaxe da obra teatral 'As damas de Ferrol'
10 Xuño 2024

O Auditorio do Edificio de Servizos Múltiples de Culleredo acolle este venres, a partir das 20.30 horas, a obra 'As damas de Ferrol' de Teatro do Noroeste. Esta actividade pertence ao catálogo da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

As entradas serán gratuítas con previa reserva, que se poderá realizar desde este luns en horario de 18.00 a 21.00 horas no teléfono 981 665 597. 'As damas de Ferrol' é unha comedia negra circular, na que se mesturan realidade e fantasía, e que a ritmo de jazz conta a historia de dúas irmás xa maiores.

A obra dirixida por Clara Gayo, escrita por Eduardo Alonso e interpretada por Mónica Caamaño e Casilda Alfaro, recibiu o V premio Luísa Villalta a proxectos pola igualdade da Deputación da Coruña.

0.17194604873657