O Velo de volandeira do Pacífico proclámase vencedor do Tapeando Carral 2024

ACoruñaXa
O petisco do local Terra gaña o premio popular e profesional, superando a O bebedeiro sen fin e a Filloa Rechea
Tapeando Carral
16 Dec 2024

O 'Velo de volandeira do Pacífico', do local Terra, acadou unha vitoria histórica na última edición do Tapeando Carral ao levar tanto o premio popular como o do xurado profesional. A receita destacou pola súa creatividade e sabor, obtendo 90 votos na categoría popular e 78 na valoración do xurado.

O segundo lugar foi para 'O bebedeiro sen fin', do Pincho, que conseguiu 67 votos na categoría popular e 74 do xurado. Pola súa banda, 'A Filloa Rechea', do Bar Tropezón, pechou o podio con 59 votos do público e 72 do xurado profesional.

Desde o Concello de Carral subliñan o éxito desta edición do certame gastronómico, valorando estas iniciativas como unha forma de “dinamizar a actividade da nosa hostalaría, ofrecéndolle á clientela unha opción de ocio a través da gastronomía”. O Tapeando Carral 2024 converteuse nun evento clave para destacar o talento e a calidade da cociña local.

⚙ Configurar cookies
0.26206588745117