O V Congreso Inmobiliario de Galicia reunirá en A Coruña a máis de 50 expertos do sector

ACoruñaXa
O congreso, organizado por AGALIN, terá lugar os días 18 e 19 de abril no auditorio do Palexco no centro da cidade
Imaxe do cartel do V Congreso Inmobiliario
8 Abr 2024

O V Congreso Inmobiliario de Galicia, organizado pola Asociación Galega de Inmobiliarias (AGALIN) celebrarase os días 18 e 19 de abril no auditorio Palexco da Coruña. Durante estes dous días a declaración de zonas tensionadas, os pisos turísticos, a aplicación de intelixencia artificial e as tendencias en construción (sustentabilidade, responsabilidade social corporativa...) serán algúns dos temas principais do programa, que pode consultarse nesta páxina.

Neste sentido e para debater estes temas participarán, ademais de profesionais no seu campo (posicionamento web, mercado financeiro ou intelixencia artificial, entre outros), representantes dos Concellos da Coruña, Oleiros, Santiago de Compostela e Sanxenxo, así como do Instituto Galego de Vivenda e Chan.

Programa do xoves 18 de abril

A apertura do congreso e benvida será realizada por Emma Martínez, presidenta de AGALIN, e Francisco Dinís, concelleiro de Urbanismo do Concello da Coruña, respectivamente, a partir das 16.00 horas. Ás 16.25 horas, celebrarase unha mesa sobre a declaración de zonas tensionadas, que contará coa participación de Francisco Dinís, concelleiro de Urbanismo do Concello da Coruña, Heriberto García, director xeral do IGVS, Iago Lestegás, concelleiro de Urbanismo de Santiago de Compostela, e Álvaro Canosa, tesoureiro de AGALIN.

Ás 16:50h terá lugar unha mesa sobre vivendas de uso turístico na que expresarán a súa opinión Miguel López, secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia, Dulcinea Aguín, presidenta de Aviturga, #Ángel García Seoane, alcalde do Concello de Oleiros e María Deza, tenente de alcalde de Sanxenxo.
A xornada continuará cunha sesión sobre o alugueiro con Alberto García Zafra, CEO de Rentaquiliza ás 17.15 horas. Ás 17.45 horas, Javier Vázquez, responsable de desenvolvemento de negocio de Idealista Seguros, falará sobre o novo seguro de garantía de inquilinos. Ás 18.20 horas, o subdirector xeral da Unión de Créditos Inmobiliarios, José Manuel Fernández, explicará como o financiamento axuda á venda de activos inmobiliarios.

A terceira mesa do día, ás 19.10 horas, estará dedicada á formación inmobiliaria. Nello D’Angelo, presidente de Trivion, será o moderador, e nela participarán Moisés Ruiz, vogal do comité de ética de Trivion, Diamantina Centeo, formadora de Trivion, e Fernando G. Erviti, presidente honorífico de Trivion. Tras a última mesa do xoves 18, ás 19.40 horas, Ricardo Gulías, CEO de Tusolucionhipotecaria.com, achegará a súa visión sobre o presente inmediato do panorama hipotecario. Ás 19.55 horas Xosé Luis Barreiro Rivas, politólogo e exvicepresidente da Xunta de Galicia, pechará a xornada cun relatorio titulado España: Da proposta multinacional ao Estado disperso.

Programa do venres 19 de abril

O segundo día do congreso terá a súa apertura ás 9.35 horas a cargo de Ángeles Vázquez, Conselleira de Vivenda da Xunta de Galicia. Ás 9.45 horas celebrarase a primeira mesa sobre as perspectivas do sector e o futuro asociativo, coa moderación de Francis Fernández, CEO de UCI SPPI, SA e a participación de José María Alfaro, presidente da Federación de Asociacións Inmobiliarias, José Barrafón, director de relacións coas asociacións da Federación Nacional de Axentes Profesionais Inmobiliarios, Ana Luengo, presidenta da Asociación de Mujeres Profesionais Inmobiliarias, e José María Herranz Redondo, secretario xeral da Federación de Asociacións de Empresas Inmobiliarias.

Ás 10.30 horas, Julián Coello da Torre, responsable do proxecto de desenvolvemento das canles presenciais de luz e gas de Repsol no sector inmobiliario, falará da solución de multienergía da empresa para este segmento.

Mentres que ás 10.45 horas na mesa sobre vivendas sostibles e novas tendencias en construción participarán Sergio Sampedro, director do estudo de arquitectura modular Emsamble, e intervirán Magdalena López, arquitecta Passivhaus Designer, Luciano Alfaya, decano do Colexio de Arquitectos de Galicia, e Jordi Clanchet, director comercial de Compracasa.

A xornada continuará con distintas pílulas formativas. Ás 11.35 horas José Juan Muñoz, fundador e socio-director de Acción Legal, detallará as novos paradigmas legais no sector inmobiliario. A continuación, ás 12.10 horas, Gerard Duelo, presidente do Consello Xeral do Colexio de Axentes de Propiedade Inmobiliaria, falará do panorama actual da formación profesional inmobiliaria en España. Ás 12.25 horas, Emilio Robledano, socio de Luqentia Intelixencia Artificial, explicará a incidencia da IA e as novas tecnoloxías no sector. E, ás 13.00 horas, María José Cachón, xerente de LAIKA, comentará estratexias de posicionamento web.

Ás 13.30 horas terá lugar a segunda mesa da xornada, focalizada na responsabilidade social corporativa. Coralia Pardal, responsable de márketing de AGALIN, exercerá como moderadora dun panel do que formarán parte Elena Mancha, Directora Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia, Gabriela González, directora de RSE e de Comunicación en Vegalsa-Eroski, e Emma Martínez, xerente da inmobiliaria S2M. Pechará a mañá unha entrevista a María José Corrales, presidenta de Vivenda2, ás 13.30 horas.

A tarde comezará ás 16.00 horas con diferentes charlas formativas. Primeiramente, Lorena Leituga, analista senior en Idealista, explicará as aplicacións baseadas en big data para axudar a profesionais do sector. A continuación, ás 16.20 horas, Fernando G. Erviti, director de desenvolvemento internacional en Latinoamérica de CRS, moderará a mesa sobre investimento estranxeiro en España, na que intervirán Ramón Rise, presidente mundial da Fundación de Axuda e Promoción das Culturas Indíxenas, Enric Jiménez, CEO de Property Buyers e Nello D'Angelo, CEO de Real Está Academy e de CRS Italy.

Tras unha pílula de Dani Rosales, xerente de Comprarcasa Rosales, ás 17.30 horas ofrecerase a última mesa do congreso, centrada en redes sociais e marca persoal, que moderará Cristino Torio, CEO de Cristino Torio Inmobiliaria, coa participación de Cristina Fernández, CEO de Compra con Cristina, Leticia Isgleas, de Property Buyers Madrid, e Eva González, de Consulta e Crece Networking A Coruña e Vigo, Amanda Ortega, fundadora de @encasadeamanda e Virginia Romeu, copywriter e storyteller.
As últimas sesións do congreso estarán dedicadas a alugar para vender (a cargo de Jesús Pérez Amair, director comercial en España de Finaer) e a técnicas de vendas (Curro Álvalos, CEO da rede de franquías inmobiliarias OLA SPAIN).Ás 19.15 horas o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, clausurará o V Congreso Inmobiliario de Galicia.

Cartel V Congreso Inmobiliario de Galicia
0.29384303092957