O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia rexeita unha demanda de 1,7 millóns contra Arteixo

ACoruñaXa
O Concello de Arteixo, a Xunta de Galicia e o Concello da Coruña asinaron un convenio en 2015 para posibilitar que o bus urbano da Coruña establecese varias paradas en Meicende
Imaxe da casa do Concello en Arteixo
14 Maio 2024

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de referendar unha sentenza do ano pasado do Xulgado Administrativo número 4 e, por tanto, desestimar o recurso presentado en contra desa sentenza polas compañías Roteiro Bus e Compañía Metropolitana de Transportes da Coruña (empresa xa disolta) na que pedían 1,7 millóns de euros ao Concello de Arteixo polos supostos prexuízos ocasionados polo convenio promovido polo concello e que, desde o 2015, permite aos buses urbanos da Coruña efectuar varias paradas en Meicende.

Os tribunais botan por terra así as millonarias pretensións desta empresa e reafirman a vixencia dun convenio que o Concello de Arteixo, a Xunta de Galicia e o Concello da Coruña asinaron uen 2015 para posibilitar que o bus urbano da Coruña establecese varias paradas en Meicende.

Os tribunais xa fallaran anteriormente noutras sentenzas que o convenio incumprise normativas relativas ás concesións de transportes que rexen actualmente as liñas de viaxeiros de autobús.
O convenio formouse tras a decatada en vigor a lei de racionalización da administración tras ser tramitada no parlamento de Galicia.

Esta nova normativa permitía traspasar fronteiras municipais en materia de transporte público, e ofreceu unha base legal para que Arteixo, A Coruña e a Xunta acordasen mediante un convenio que o transporte público urbano da Coruña dispuxese de varias paradas en Meicende, reivindicación histórica dos veciños de Meicende.

Dende facía décadas o bus urbano da Coruña transitaba por Meicende sen deterse, xa que as normas administrativas que definían a súa concesión impedíanlle ter unha parada oficial fose dos límites xeográficos da Coruña, o que provocara as queixas e as protestas desde hai anos dos veciños de Meicende, que viñeron ser resoltas no 2015 co establecemento deste convenio.

0.20732998847961