O SD Negreira conquista a Copa Deputación tras vencer con autoridade ao Muxía CF

GaliciaXa | ACoruñaXa
O conxunto negreirés impúxose por 4-0 na final disputada en Miño e gañou 5.000 euros, ademais da clasificación para a Supercopa Deputación
SD-Negreira-Copa-Deputación-de-fútbol
2 Aug 2026

O SD Negreira proclamouse este sábado campión da Copa Deputación de fútbol afeccionado ao derrotar por 4-0 ao Muxía CF na final celebrada no campo municipal de Gallamonde, no concello de Miño.

O conxunto negreirés alzouse co trofeo nun encontro que puxo o peche á competición provincial e que reuniu a centos de afeccionados nunha xornada marcada polo ambiente festivo arredor do fútbol afeccionado.

Grazas a este triunfo, o SD Negreira recibirá un premio económico de 5.000 euros e asegurou tamén a súa presenza na Supercopa Deputación, torneo no que se enfrontarán os campións das distintas copas provinciais galegas. O gañador desta competición obterá ademais o dereito a disputar a fase previa da Copa do Rei.

Pola súa banda, o Muxía CF, que rematou como subcampión, percibirá un premio de 4.000 euros. Os dous equipos semifinalistas, o San Tirso SD e a SD O Val, recibirán 1.500 euros cada un.

Na entrega de trofeos e premios participaron o voceiro do Goberno da Deputación da Coruña, Bernardo Fernández; o alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo; e o alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis, que acompañou ao equipo da súa localidade na celebración do título.

0.12065196037292