O sábado volve o ciclo teatral Culleredo en Escena coa obra 'Vicio houbo sempre'

ACoruñaXa
'Vicio houbo sempre' é unha obra recomendada para maiores de 18 anos e dunha hora de duración, celebrarase ás 20.00 horas no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio profesional de Música de Culleredo
Cartel da obra de teatro 'Vicio houbo sempre'
Cartel da obra de teatro 'Vicio houbo sempre'
5 mar 2024

O Concello de Culleredo pon en marcha unha nova edición do ciclo de artes escénicas Culleredo en Escena. A programación comeza este sábado, 9 de marzo, con 'Vicio houbo sempre', de Atenea García, un espectáculo de narración oral que pertence á Rede Cultural da Deputación da Coruña.

'Vicio houbo sempre' é unha obra recomendada para maiores de 18 anos e dunha hora de duración, celebrarase ás 20.00 horas no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio profesional de Música cullerdense.

As entradas para acudir ao evento son gratuítas ata completar o aforo e poden reservarse desde o luns no teléfono 981 665 597 ou no Edificio de Servizos Múltiples en horario de 18.00 a 21.00 horas.

No seu primeiro espectáculo para adultos, Atenea García, da compañía de teatro Xarope Tulú, recolleu historias de vía nas marxes de mulleres maiores de 85 anos. Estas charlas acaban, en moitas ocasións, falando de pracer e sexualidade, de cousas supostamente prohibidas tempo atrás, deixando entrever que cousas como chegar virxe ao matrimonio sucedía, pero non sempre.

A concelleira de Cultura, Penélope López, afirma que este ciclo ten como obxectivo “seguir dinamizando a cultura, na liña dos últimos anos, con espectáculos de todo tipo e para todos os tipos de público”.

 

 

Vicio houbo sempre