O sábado celébrase un festival solidario interxeracional na Escola Infantil dos Rosales da Coruña
O vindeiro sábado 8 de xuño a Escola Infantil Muncipal dos Rosales na Coruña acollerá unha feira solidaria moi especial. Trátase do Ondiñas Fest, a culminación dun programa de colaboración interxeracional entre a gardería e os centros AFACO ao longo dos últimos meses.
A feira estará aberta a partir das 16 horas ao público en xeral, o custo da entrada é de 2 euros, e será a beneficio de Médicos sen Fronteiras.
Está ambientado nos anos 60 e conta con diferentes talleres aos que os asistentes se poden inscribir a través do QR do cartel ou nesta ligazón.
P evento contará con sesións de costura creativa, arte efémera, cerámica, ioga e danza en familia. O encontro estará amenizado desde do punto de vista musical por Pablo Rubén Fernández, Carlos Bau e a Asociación Musical de Laracha.
Para facelo posible, contouse coa colaboración de diferentes entidades locais como San Brandán, Amigurumi, Remove Corpo Mente, Retoque Retro, Lamastelle, Gadis, Fisioterapeuta do Maior, Cola-Cola, Bonilla e Marga Flores.