O sábado 26 celébrase o IX Trofeo Concello de Oleiros de Natación Artística

ACoruñaXa
Na competición está prevista a participación de 252 nadadoras de diferentes clubs de toda Galicia
Imaxe do cartel do trofeo de natación artística de Oleiros
Imaxe do cartel do trofeo de natación artística de Oleiros
22 abr 2024

A piscina da Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física da Universidade da Coruña (INEF), situada en Bastiagueiro (Oleiros), acolle o vindeiro sábado 27 de abril o IX Trofeo Concello de Oleiros de Natación Artística.

Neste sentido, a competición desenvolverase en xornada de tarde, a partir das 16.00 horas, e está prevista a participación de 252 nadadoras de diferentes clubs de toda Galicia.

As categorías nas que se disputará o trofeo serán benxamín, prealevín, infantil e xuvenil.

O Club Acuátic Oleiros, con 110 nadadoras, exercerá como anfitrión dunha proba coa que o Concello de Oleiros pretende promocionar e fomentar esta especialidade deportiva.

CARTEL-IX-TORNEO-NATAC-24