O rugby de Arteixo traslada temporalmente os adestramentos de Oseiro a Freán por labores de mantemento

ACoruñaXa
O cambio aplicarase durante as próximas dúas ou tres semanas e manteranse os horarios habituais da escola, academia e sénior
ARTEIXO campo futbol frean
13 Jan 2026

Os equipos do CD Zalaeta Rugby Arteixo cambiarán de campo de adestramento de maneira provisional nas vindeiras semanas. Segundo trasladou o club, o Concello de Arteixo comunicou un traslado temporal das sesións debido a traballos de mantemento no campo de Oseiro, polo que os adestramentos pasarán a desenvolverse en Freán durante as próximas dúas ou tres semanas.

A entidade sinala que o axuste non afecta aos horarios, que se manteñen como de costume: Escola ás 18.30 h, Academia ás 19.00 h e Sénior ás 20.00 h. O club tamén advirte de que compartirán as instalacións coas entidades que empregan o campo habitualmente, polo que pide puntualidade e colaboración para facilitar a convivencia e o bo funcionamento das sesións.

⚙ Configurar cookies
0.07856297492981