O rapeiro Saiko pecha a súa xira ‘Sakura Tour 2024’ na Coruña cun único concerto en Galicia
O Coliseum da Coruña acollerá o vindeiro 6 de outubro o gran final da xira nacional de Saiko, ‘Sakura Tour 2024’. Este concerto será a única oportunidade para ver ao artista urbano en Galicia, e marca un momento destacado na programación musical da cidade, seguindo a estratexia da alcaldesa Inés Rey para atraer grandes eventos nacionais e internacionais ao Coliseum.
Saiko, recoñecido pola súa capacidade para fusionar xéneros como o reggaetón e o drum and bass, e por colaborar con artistas de renome como J Balvin, Feid, Quevedo e Dellafuente, presentará o seu último disco, 'Sakura'. Este álbum, que levou aos seus seguidores a unha viaxe sonora por diferentes planetas musicais, incluí éxitos como ‘Polaris’ e ‘Supernova’, que consolidaron a súa posición na escena musical tanto en España como a nivel internacional.
As entradas para este evento exclusivo estarán dispoñibles a partir do 30 de agosto ás 12:00 horas en Ataquilla.com e no despacho de billetes da Praza de Ourense. O concerto de Saiko en A Coruña chega tras o éxito rotundo en Madrid e Barcelona, onde as entradas se esgotaron en tempo récord.
Non perdas a oportunidade de ver a Saiko en directo e ser parte deste evento que promete ser unha das grandes citas musicais do ano en Galicia.