O PSOE pide eliminar o punto negro en Curtis onde faleceu un conductor de ambulancia
ACoruñaXa
Os socialistas instan á Xunta a actuar para mellorar a seguridade deste tramo perigoso na estrada AC-230 ao seu paso polo municipio
11 Nov 2024
O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña urxe á Xunta de Galicia a eliminar o punto negro na estrada AC-230 ao seu paso por Curtis, onde a pasada fin de semana perdeu a vida un conductor de ambulancia. Esta curva, que xa foi escenario doutros accidentes graves, suma así a súa cuarta vítima mortal.
Os socialistas piden ao Goberno autonómico que adopte medidas "que xa debían estar en marcha" para evitar máis sinistros neste tramo. Ademais, instan ao alcalde de Curtis, Javier Caínzos, do Partido Popular, a demandar á Xunta unha solución definitiva.
"Dende o PSOE, solicitamos que o alcalde sexa tan reivindicativo coa Xunta do PP como o é con outras administracións, para protexer á veciñanza de Curtis", sinalan dende o PSdeG provincial.