O PSOE de Arteixo pide ao Concello a construción dunha nova residencia de maiores

ACoruñaXa
Os socialistas de Arteixo instan ao goberno local á construcción dunha nova residencia de maiores na zona norte do Concello para cubrir a demanda real existente no municipio para este servizo.
PSOE Arteixo - proposta residencia maiores
24 Xan 2024

Os socialistas de Arteixo instan ao goberno local á construcción dunha nova residencia de maiores na zona norte do Concello para cubrir a demanda real existente no municipio para este servizo.

A portavoz do grupo municipal socialista, Ana Cedeira, explicou que os habitantes de Arteixo tiveron que agardar varios anos para ter a primeira residencia de maiores e centro de día públicos. "Unha residencia que finalmente chegou por unha iniciativa desinteresada da Fundación Amancio Ortega que levou a cabo a súa construción nunha parcela cedida polo concello sen que a Xunta de Galicia, administración competente nesta materia fixese nada ata o día de hoxe”, engadiu a socialista.

Dende o grupo municipal exponen que a residencia construida pola Fundación Amancio Ortega non cubre as prazas que se precisan para atender a necesidade real de Arteixo e que existe unha lista de agarda importante que produce que se lles traslade poboacións lonxanas ou pagar en residencias privadas uns prezos inasumibles para moitos cidadáns.

“Arteixo é un concello con forte capacidade de inversión e un orzamento elevado que o goberno local debe utilizar para dar calidade de vida á nosa veciñanza” argumentan os socialistas arteixáns e indican que na planificación municipal debe ser prioritario o benestar dos nosos maiores, a súa atención sanitaria, a mobilidade e seguridade no noso rural e a comunicación desta cos entornos urbanos, así como espazos de lecer. Pero sobre todo, incide Cedeira, “a atención a aqueles que necesitan da administración para a súa vida diaria”, como un bo servizo na axuda no fogar e prazas suficientes en residencias e centros de día para quen o precise.

O PSdeG-PSOE de Arteixo levaba no seu programa a necesaria construción dunha nova residencia de maiores na parte norte do concello e a voceira socialista insiste en que esta debera de ser unha das actuacións prioritarias para o goberno local polo que o goberno municipal debe instar á Xunta de Galicia que é quen ten as competencias na materia para facelo, ou que o propio goberno local realice con seus fondos propios.

Por iso o Grupo Socialista no Concello de Arteixo demanda saber cal é a lista real de espera de cidadáns arteixáns que desexan unha praza na actual residencia de maiores, e se o goberno local ten previsto a construción dunha segunda residencia de maiores.

 

0.15083312988281