O PSOE de Arteixo denuncia a paralización das obras no barrio das Eiras en Meicende
O grupo municipal socialista de Arteixo manifestou a súa preocupación pola paralización das obras de urbanización e humanización no barrio das Eiras, situado no núcleo de Meicende. O portavoz socialista, Martín Seco, explicou que as obras están detidas e non se dispón de información sobre a súa reanudación, indicando que esta situación "afecta á calidade de vida da veciñanza e pode fomentar actividades delituosas".
Seco subliñou que a rehabilitación deste e doutros barrios é crucial para mellorar as condicións de vida e incrementar o valor das propiedades dos residentes.
Ademais, os socialistas criticaron a falta de avances no deslinde cos concellos veciños de Culleredo e A Coruña. Tras a comisión de seguimento da contratación do PXOM, os socialistas manifestaron que non hai noticias sobre os pasos dados polo goberno local para avanzar nestes deslindes, a pesar de que os gobernos de A Coruña e Culleredo se amosaron dispostos a colaborar.
Martín Seco cuestionou por que non se deu prioridade ao deslinde, especialmente cando o actual alcalde fixo campaña electoral centrada nesta cuestión. "A pregunta é sinxela", afirma Seco, "cais foron as iniciativas levadas a cabo para finalizar o deslinde con Culleredo e negociar o deslinde con A Coruña durante este último mes?"