O PSOE de Arteixo define o encontro do alcalde con Óscar Puente como "un asalto"

ACoruñaXa
O portavoz socialista, Martín Seco, lamenta o pouco diálogo de Carlos Calvelo co ministro de Transportes
Martín-Seco-PSOE
4 Feb 2025

O grupo municipal socialista de Arteixo lamenta a incapacidade demostrada polo alcalde, Carlos Calvelo, para dialogar co ministro de Transportes, Óscar Puente, sobre a necesidade de sacar o tráfico de mercadorías perigosas dos núcleos urbanos de Arteixo.

O portavoz do grupo municipal socialista, Martín Seco, sinala que “é vergoñento ver como o alcalde insulta a Óscar Puente nos plenos e despois utiliza un “corrillo” no acto do acceso ferroviario de Punta Langosteira para roubarlle ao ministro tres minutos de conversa e vender un compromiso que non vén recollido en ningún comunicado do Ministerio”.

Seco refírese ás declaracións do alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, afirma ter conseguido que o ministro de Transportes aceptase estudar a posibilidade de retomar o proxecto de construción do enlace de Meicende. Este enlace permitiría que os camións de mercadorías perigosas procedentes das industrias petroquímicas deixasen de atravesar os núcleos urbanos de Meicende e Pastoriza, reducindo así o perigo para a poboación.

O portavoz socialista denuncia que “o que o alcalde considera unha reunión improvisada” na que entregou un pequeno informe sobre a necesidade de construír esa ligazón á autovía do Porto de Punta Langosteira, “foi en realidade un asalto ao ministro nun círculo improvisado de persoas” que asistían ao evento do “cale” do principal túnel ferroviario de acceso ao Porto da Coruña, en Punta Langosteira. “Arteixo non merece que os seus temas trascendentais se debatan de forma improvisada nun encontro roubado”, afirma Seco.

0.17328214645386