O PSdeG-PSOE denuncia o abandono da Xunta aos concellos non gobernados polo PP

ACoruñaXa
Bernardo Fernández Piñeiro destaca que a consellería de Educación non inviste en todos os centros educativos da comarca
PSOE A CORUÑA 24 de xaneiro 1
24 Xan 2024

O PSdeG-PSOE celebrou na Coruña unha reunión coas diferentes agrupacións socialistas locais da comarca de cara ás vindeiras eleccións autonómicas do 18 de febreiro. No encontro participaron, entre outros, o secretario xeral provincial Bernardo Fernández Piñeiro e o candidato número 2 ás eleccións autonómicas na provincia Julio Abalde.

Durante a xuntanza, Fernández Piñeiro quixo denunciar os 15 anos de desleixo e de desprezo da Xunta aos concellos da bisbara simplemente polo feito de non estar gobernados moitos deles polo PP, un exemplo de utilización partidista dunha administración que é de todos e de todas. O secretario xeral provincial quixo lembrar que a veciñanza da comarca da Coruña aporta unha cantidade inxente de recursos a través dos impostos, e merecería que estes fosen reinvestidos nos seus concellos”.

Unha aposta pola educación

Por exemplo, o Bernardo Piñeiro destacou que a consellería de Educación non inviste nos centros educativos da comarca gobernados por partidos que non sexan o PP, como nos da Coruña e Culleredo gobernados por socialistas. Deste xeito, sinalou que a Xunta despreza a milleiros de rapaces e rapazas coa súa visión partidista das administracións. Ademais quixo destacar o programa en educación que presentou no dia de hoxe o candidato socialista á Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, coa proposta de recuperar a gratuidade dos libros de texto e así garantir o futuro da mocidade en Galicia e que tamén recuperan a aposta pola formación profesional.

Por outra banda, Julio Abalde recalcou que estas eleccións autonómicas son moi importantes para a comarca, porque supoñen a oportunidade de que un goberno do Partido Socialista impulse claramente os desafíos que ten esta por diante. “Penso que é importante o feito de que na lista presentada nesta provincia polo PSdeG, tanto eu como número 2 como a número 3 pertencemos a esta comarca”, destacou o candidato.

0.15966987609863