O PSdeG de Abegondo denuncia que a Xunta está a construír unha senda sen permiso

ACoruñaXa
Os socialistas afirman que os propietarios das fincas polas que transcorre a senda non estaban ao tanto nin deron o seu permiso para o inicio das obras
Abegondo obras Xunta
31 Xan 2024

O PSdeG-PSOE de Abegondo denuncia que a empresa adxudicataria da construción da senda peonil na DP-0105, comezara realizar os traballos sen a autorización dos propietarios das fincas polas que transcorre dita senda. As obras corren da man da Xunta de Galicia

O voceiro socialista en Abegondo, Jairo Bello Vidal, afirma que os propietarios destes terreos, situados nas parroquias de Meangos e Presedo, souberon por primeira vez da realización das obras cando a empresa comezou cos desmontes e desbroces nas fincas, e foron a parar a obra por non saber que estaba pasando.

“Os socialistas de Abegondo consideramos gravísimo que o Concello enviase un certificado de dispoñibilidade dos terreos sen que os propietarios das fincas tivesen coñecemento de nada”, indicou Jairo Bello. Por elo, desde o PSdeG-PSOE abegondés presentaron no rexistro unha solicitude de información sobre este certificado, agardando que dita información sexa remitida coa maior brevidade posible.

Reclaman explicacións ao alcalde popular

Bello Vidal explica que o alcalde popular de Abegondo, José Santiso, mantivo dúas reunións coa veciñanza afectada solicitando a cesión voluntaria destes terreos, e a gran maioría oponse a esta maneira de actuar pola súa parte. A primeira destas reunións foi o sábado 20 de xaneiro no Local Social de Meangos, e a segunda, o día 27 no propia Casa do Concello.

“O alcalde asegurou nestas xuntanzas que se farían os arranxos necesarios a cada propietario nas súas fincas, algo sorprendente cando a obra xa está adxudicada a unha empresa e conta cun presuposto pechado”, apunta o voceiro socialista. Tamén, Bello Vidal criticou “que o alcalde se excuse en que un funcionario emitiu o certificado antes mencionado sen o seu coñecemento, xa que el é o responsable do persoal do Concello de Abegondo”.

0.1872398853302