As pegadas sociais de Solidariedade Internacional de Galicia na cidade da Coruña

ACoruñaXa
Entre as diferentes actividades que levan ao cabo dende a ONG destacan as formacións ao profesorado, a investigación sobre a saúde mental e a súa tenga de comercio xusto na cidade
Imaxe dunha das formacións ao profesorado levada ao cabo polo proxecto Globo de Solidariedade Internacional de Galicia
10 Mar 2024

Miriam García

Os colectivos e asociacións da cidade da Coruña, ao igual que o fan os cidadáns, márcanse novos propósitos e desexos de cara ao arranque do novo ano e fan un balance de como foi a súa actividade ao longo do 2023. Dende a redacción ACoruñaXa queremos dar voz a tódalas agrupacións que conforman e facilitan a vida dos coruñeses e coruñesas, por iso estás últimas semanas cada domingo lles dedicamos un espazo a algunhas delas, empezando polo sector cultural, un dos máis aprezados nos últimos anos, pasando polos dereitos das persoas LGTBI, a alza dos trastornos da conducta alimentaria e os deportes minoritarios.

Tamén, as asociacións de carácter social xogan un papel relevante no conxunto da vida da cidade, como é o caso da ONG Solidariedade Internacional de Galicia traballa na liña da súa razón de ser: “A defensa dos dereitos humanos e a promoción do desenvolvemento sostible”. Para conseguilo realizan un traballo moi inxente pola comunidade e pola cidade da Coruña, onde teñen a súa sede, sendo a estrela o proxecto O Globo enmarcado no contexto de educación para a cidadanía global e que durante o 2023 deulles moitas alegrías. “É froito de anos de traballo, O Globo fundamentase na participación social como máximo expoñente para a creación dunha cidadanía crítica e comprometida”, explica María Paz, directora da organización.

Das diferentes formacións que levaron ao cabo con docentes destacan dúas microesperiencias postas en marcha en centros educativos da cidade. “Por un lado temos ‘Construíndo unha escola acolledora’ posta en desenrolada no IES Fernando Wirtz Suárez. Nela os alumnos crearon un protocolo de acollida para alumado emigrante, partindo do contexto de que unha grande cantidade dos seus estudantes chegan de fora e de que moitos deles teñen dificultade para se comunicar en castelán e en galego”, conta Eloi Fernández, do equipo de educación da asociación. “E doutra banda, ‘Investigamos sobre a saúde mental’ executada polos alumnos do ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia do CPR Nebrija Torre de Hércules, que consistiu nunha investigación e nunha xornada informativa na biblioteca Xoana Capdevielle da Universidade da Coruña”, engade Eloi. 

Ademais, Solidariedade Internacional de Galicia conta con tres tendas de comercio xusto, unha delas na Coruña na rúa San Andrés no pasadizo de San Andrés á Galera.  No 2024 agardan poder celebrar o Sexto Encontro de Globo na cidade, despois do éxito rotundo da súa quinta edición o pasado mes de xuño. “É a data na que todas as microesperiencias nos xuntamos para enriquecernos mutuamente e para dar visibilidade o traballo feito”, explica María. “Agardamos que  Globo siga collendo altura identificando microesperiencias de transformación social e que chegue a ser nun referente social e político”, conclúe a directora.

 

As asociacións de carácter social xogan un papel relevante no conxunto da vida da cidade. Solidariedade Internacional de Galicia traballa na liña da súa razón de ser: “A defensa dos dereitos humanos e a promoción do desenvolvemento sostible”. Para conseguilo realizan un traballo moi inxente pola comunidade e pola cidade da Coruña, onde teñen a súa sede, sendo a estrela o proxecto O Globo enmarcado no contexto de educación para a cidadanía global e que durante o 2023 deulles moitas alegrías. “É froito de anos de traballo, O Globo fundamentase na participación social como máximo expoñente para a creación dunha cidadanía crítica e comprometida”, explica María Paz, directora da organización.

Das diferentes formacións que levaron ao cabo con docentes destacan dúas microesperiencias postas en marcha en centros educativos da cidade. “Por un lado temos ‘Construíndo unha escola acolledora’ posta en desenrolada no IES Fernando Wirtz Suárez. Nela os alumnos crearon un protocolo de acollida para alumado emigrante, partindo do contexto de que unha grande cantidade dos seus estudantes chegan de fora e de que moitos deles teñen dificultade para se comunicar en castelán e en galego”, conta Eloi Fernández, do equipo de educación da asociación. “E doutra banda, ‘Investigamos sobre a saúde mental’ executada polos alumnos do ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia do CPR Nebrija Torre de Hércules, que consistiu nunha investigación e nunha xornada informativa na biblioteca Xoana Capdevielle da Universidade da Coruña”, engade Eloi. 

Ademais, Solidariedade Internacional de Galicia conta con tres tendas de comercio xusto, unha delas na Coruña na rúa San Andrés no pasadizo de San Andrés á Galera.  No 2024 agardan poder celebrar o Sexto Encontro de Globo na cidade, despois do éxito rotundo da súa quinta edición o pasado mes de xuño. “É a data na que todas as microesperiencias nos xuntamos para enriquecernos mutuamente e para dar visibilidade o traballo feito”, explica María. “Agardamos que  Globo siga collendo altura identificando microesperiencias de transformación social e que chegue a ser nun referente social e político”, conclúe a directora.

0.1936309337616