O programa 'Por fin é venres' da OMIX de Cambre regresa en novembro con actividades arredor do anime e da cultura xuvenil
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Cambre retoma o programa “Por fin é venres” cunha proposta centrada no anime e a cultura xuvenil que se prolongará ao longo de novembro a través de catro obradoiros gratuitos. As actividades celebraranse todos os venres na Casa das Palmeiras e as inscricións xa están abertas na páxina web oficial do programa.
O ciclo comeza o 8 de novembro cunha tarde de competicións de xogos en liña, xogos de mesa, karaoke e Just Dance, pensadas para a mocidade amante do entretemento dixital.
O 15 de novembro, o protagonismo será para a película “O castelo ambulante” de Studio Ghibli, que será proxectada para o público, que tamén poderá participar nun divertido concurso de preguntas sobre anime.
O 22 de novembro chegará un obradoiro creativo, no que os mozos e mozas terán a oportunidade de aprender a debuxar personaxes de anime e Pokémon, así como experimentar co dobraxe e a creación de voces.
Finalmente, o 29 de novembro o programa pechará cunha tarde adicada ao K-pop, na que o grupo Kimchimochi organizará actividades de baile e xogos, creando un espazo de diversión e música.
Para máis información, as persoas interesadas poden contactar co Departamento de Comunicación da OMIX chamando ao 981 650 269 ou escribindo a pixtemple@cambre.org.