O programa 'Outono con Apego' comeza en Oleiros con actividades toda a familia
A programación de Apego regresa a Oleiros este outono, ofrecendo unha ampla gama de actividades para disfrutar en familia. Entre as propostas inclúense obradoiros de disciplina positiva, olería, adornos de Nadal, concertos, contacontos, entre outras.
O sábado 21 de setembro de 11.00 a 13.00 horas terá lugar o primeiro obradoiro desta nova tempada no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo, situado nos Regos. O tema do taller será a disciplina positiva, un enfoque educativo que busca comprender o comportamento infantil e axudar a guialos dun xeito afectivo e firme. Entre os temas que se abordarán están a importancia de establecer límites, as consecuencias dos actos, a resolución de problemas baseada en solucións e o alento positivo. O obradoiro está dirixido a nais e pais con fillos de 0 a 6 anos, e cada sesión terá unha duración de 2 horas.
O prazo de inscrición para participar no obradoiro abre o luns 16 de setembro ás 10:00 horas, a través do seguinte enlace.
Toda a programación de Apego pode consultarse na páxina web municipal, na sección de Normalización Lingüística. Para máis información, podes contactar co Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros.