O programa 'En Bergondo Coidamos' estrease cunha ducia de mulleres

ACoruñaXa
O proxecto 'En Bergondo coidamos' está dirixido a mellorar o benestar do colectivo das persoas que coidan aos seus familiares en situación de dependencia
Imaxe da actividade deste martes 5 de marzo no programa 'En Bergondo coidamos'
5 Mar 2024

Unha ducia de mulleres participou este martes 5 de marzo na primeira das actividades do programa de apoio psicolóxico para persoas coidadoras 'En Bergondo Coidamos', impulsado polo Concello de Bergondo.

Dous profesionais da Fundación Mujeres impartiron no edificio da Senra, o primeiro dos talleres, enfocado na autoestima e o empoderamento deste colectivo. Durante o transcurso da actividade traballaron conceptos tan importantes como a autopercepción, dotando a estas mulleres coidadoras de ferramentas para analizar as súas emocións e comportamentos, sabendo como reaccionar ante cada un deles.

As persoas interesadas poden ampliar esta información de cara futuras actividades do proxecto poderán facelo no departamento de Sevizos Sociais do Concello, a través do teléfono 981 791 252 ext. 4 ou por correo electrónico serezabel.rodriguez@bergondo.gal. Tamén poden achegarse á oficina en horario de 8.30 a 15.00 horas de luns a venres á beira da casa do concello, dirección Estrada dá Coruña, 12, Bergondo.

O proxecto 'En Bergondo coidamos' está dirixido a mellorar o benestar do colectivo das persoas coidadoras. Nos seguintes talleres traballaranse conceptos como a xestión do tempo, o uso do móbil, a relaxación, a corresponsabilidade ou a saúde mental.

As actividades son gratuítas e desenvólvense no edificio da Senra ata o mes de xuño. Conta coa colaboración dun equipo de profesionais de asociacións especialistas neste ámbito: Fundación Mujeres, Afaco, Párkinson Galicia-Coruña e TP Galicia.

 

0.14080095291138