O programa 'Bergondo en feminino' chega a súa fin

ACoruñaXa
15 personas participaron onte na derradeira actividade do programa: un taller creativo guiado pola artista Dores Polo
Imaxe do derradeiro obradoiro de 'Bergondo en Feminino'
18 Jun 2024

Bergondo puxo punto e ginal este luns ás actividades do porgrama 'Bergondo en Feminino' co obradoiro 'Mosaico na memoria', unha actividade plástica na que se traballou co recordo das antepasadas e no que participaron 15 persoas.

Esta foi a cuarta e última actividade da iniciativa, grazas á cal tamén se realizaron tres excursións por Bergondo para visibilizar e poñer en valor a historia de 15 mulleres bergondesas.

Neste setido, no taller deste luns, celebrado no CPAP e guiado pola artista Dores Polo, as persoas participantes mesturaron a arte co recoñecemento ás mulleres máis importantes das súas vidas.

O traballo resultante formará parte dunha mostra en Cásaa Museo de María Pita na Coruña que se poderá visitar durante as próximas dúas semanas.

0.15877890586853